Ola a tod@s !
Xa estades de vacacións, moi merecidas despois dun curso con situacións moi diferentes e descoñecidas.
O primeiro que vos aconsello, é un longo descanso coas vosas familias, nas que tamén podedes facer lecturas do que vos guste.
Cando queirades facer algún tipo de tarefa escolar, que alguns de vós, e algunhas familias me pediron, que NON É OBRIGATORIO, deíxovos por aquí, unha serie de actividades e recursos interactivos que podedes utilizar para o verán, nalgúns momentos libres, para repasar o aprendido.
Propóñovos dúas opcións, aínda que poden ser combinadas entre elas. A primeira, na que se empregarían recursos que están na rede:
Un pouquiño de matemáticas... ( ENLACE)
Seguimos cuns exercícios de lingua castelá (ENLACE) e uns recursos didácticos de lingua galega (ENLACE).
Tamén poderedes utilizar, o seguinte (ENLACE) que vos levará a recursos didácticos de ciencias sociais.
Para rematar dúas propostas máis nas que atoparedes recursos das distintas áreas.
En segundo lugar, podedes utilizar cadernos de vacacións ou repaso, sempre de 4º curso. Tedes un enlace no que aparecen distintos libros da editorial Anaya pensados para facer un repaso do que aprendemos durante este curso.
Tamén valerían cuadernos de vacacións ou de repaso de Santillana, ou outra editorial, pero sempre de 4º curso.
Que teñades un moi bo verán!
Disfrutade!
Vémonos pronto!